martes, 12 de junio de 2012

"ACTOS CULTURALES"


Venres 15 de xuño o Grupo de Teatro Xuvenil da Fundación levará a cabo a representación da adaptación da obra Arsénico por compasión, ás 20.30h

Sábado 16 teremos o pracer de contar coa presencia da profesora Alicia Mariño e do poeta Luis Alberto de Cuenca. Na súa compañía falaremos de prosa e poesía nunha tarde literaria e musical que se pechará coa actuación do dúo de zamfona Bicarelo. Será ás 19.00h

Domingo 17 temos unha cita no Club de Lectura Lendo con WFF e os seus contemporáneos dedicado á obra de Camilo Castelo Branco Armor de Perdición. Será ás 18.00h

Sábado, día 23, celebraremos, como en anos anteriores, a Noite de San Xoán Medieval ao que cada quen poderá vir caracterizado á usanza da época. Terá lugar tamén este día o II Congreso Internacional de Meigas que, máis que congreso, poderíamos chamar Asamblea Pública e actuará o Coro Arumes da Fraga, da FWFF. O precio do prato será de 5€ / adulto e o acto comezará a partir das oito da tarde.


Fundación W. Fernández Flórez
Villa Florentina  Apeadeiro, 14 ~ Cecebre 15650 Cambre (A Coruña)
Telf. / fax: 981 676 052 http://wenceslaofernandezflorez.org/WFF

No hay comentarios:

Publicar un comentario