lunes, 22 de octubre de 2012

Roteiro BTT Terra das Mariñas 2012




Roteiro BTT Terra das Mariñas (domingo 28)

Cambre 28 de Outubro de 2012.
O C.C.Cambre-Renault Caeiro, organiza o Roteiro BTT Terra das Mariñas 2012 que discurrirá polos concellos de Cambre, Culleredo, Carral e Abegondo e será de Velocidade LIBRE.
Haberá tres percorridos e o tempo será controlado soamente no percorrido do maratón (70 qm).
O percorrido será casi na súa totalidade por camiños, corredoiras e pistas forestais. Acadando o seu punto máis alto no Monte Xalo con 525 mts. de altitude.

- Marcha Curta de 30 quilómetros: con 838 mts. de ascensión acumulada. A dificultade técnica será media e dureza baixa. Terá un avituallamento líquido/sólido no quilómetro 16.
- Marcha Larga de 50 quilómetros: con 1600 mts. de ascensión acumulada. Dificultade técnia media e dureza alta. Terá dóus avituallamentos: líquido no quilómetro 22 e líquido/sólido no quilómetro 37.

- Maratón de 70 quilómetros: de dificultade técnica media e dureza alta, con unha ascensión acumulada de 2200 mts, recomendable só para a xente máis preparada. 
Ao finalizar entregaranse diferentes agasallos aos tres primeiros ciclistas en completar o percorrido no menor tempo, ademáis farase un listado co tempo empregado por todos os participantes que completaron o percorrido do maratón correctamente.

O periodo de inscrición estará comprendido entre os días 25 de Setembro e o 24 de Outubro, ámbolos dous incluidos. Non se admitirán inscripcións fora destas datas nin tampouco o propio día da marcha.
- PARTICIPANTES FEDERADOS: 
a) Sen dereito a comida:10 €.
b) Con dereito a comida: 15 €.

- PARTICIPANTES NON FEDERADOS:
a) Sen dereito a comida: 22 € sen comida (10 € + 12 € de licencia por 1 día).
b) Con dereito a comida: 27 €(15 € + 12 € de licencia por 1 día).

Máis información en inscripcións: www.cccambre.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario