jueves, 4 de octubre de 2012

FINDE DE SURF (OMIX)




FINDE DE SURF
Folla informativa
 DATAS DE INSCRICIÓN: dende o luns 8/10/2012 ao xoves 11/10/2012
DESTINATARIOS: Mocidade de Cambre de 16 a 30 anos
LUGAR DAS CLASES: As clases impartiranse na praia de Bastiagueiro. Haberá dous grupos un de mañá de 11:30 a 14h e outro de tarde de 16 a 18:30h
PRAZAS: 40
PREZO: gratis
INFORMACIÓN XERAL:
HORARIO DE BUSES: SÁBADO e DOMINGO
GRUPO A
10:50 Cecebre
11:00 Cambre
11:05 Barcala
11:10 Casa Palmeiras
O REGRESO DO GRUPO A SERÁ SOBRE AS 14h
GRUPO B
15:20 Cecebre
15:30 Cambre
15:35 Barcala
15:40 Casa Palmeiras
O REGRESO DO GRUPO B SERÁ SOBRE AS 18.30h
A ACTIVIDADE INCLÚE: traxe de neopreno, táboa de surf e clase teórica e práctica de dúas horas cada día.
CADA PARTICIPANTE DEBE LEVAR: traxe de baño, chanclas, toalla e crema protectora.
HORARIOS DAS CLASES: Grupo A: De 11:30 a 14:00h e Grupo B: de 16 a 18:30h
As clases serán o sábado e o domingo, haberá dous grupos un de mañá e outro de tarde
O curso terá unha duración de 4h
PROTOCOLOS DE INSCRICIÓN: Se o número de solicitudes supera o número de prazas ofertadas farase un sorteo o luns 15, ás 11 horas. Os participantes non empadroados non entran en sorteo, e deberán esperar a que haxa prazas libres
INSCRICIÓN DEFINITIVA: a partir do luns 15, ás 12 da mañá pódese pasar pola OMIX ou pola Casa da Xuventude para formalizar a inscrición. Esta efectuarase ata o mércores 17 ás 14 horas. Senón se presenta a documentación requerida causará baixa na lista e perderá a praza.
As persoas que non entraron no primeiro sorteo deberán chamar ou acudir á OMIX ou á casa da Xuventude o mércores 17, a partir das 19 horas. E se obteñen praza teñen o xoves 18, ata as 20 horas, para formalizar a inscripción. E así sucesivamente (chamar un día e o seguinte para efectuar a confirmación da praza)
DOCUMENTACIÓN NECESARIA: folla do FIPAX (1 foto carné formato papel e outra en formato dixital, copia DNI, copia da tarxeta sanitaria en papel e en dixital. Enviar por mail a infoxuvenil@cambre.org)
MAIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS
DEPARTAMENTO DE XUVENTUDE
OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil)
CASA DA XUVENTUDE
Adro 1, 15660 Cambre
Tlf. 981.613.170
omix@cambre.org
Tapia 1, 15679 O Temple- Cambre
Tlf. 981.650.269
infoxuvenil@cambre.org



No hay comentarios:

Publicar un comentario