lunes, 14 de mayo de 2012

CONVOCATORIA DE CONCURSO

CONVOCATORIA DE CONCURSO PARA CONFECCIONAR UNHA LISTAXE DE DOCENTES PARA A SÚA
CONVOCATORIA DE CONCURSO PARA CONFECCIONAR UNHA LISTAXE DE DOCENTES PARA A SÚA CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL PARA A IMPARTICIÓN DE CURSOS DE FORMACIÓN OCUPACIONAL PARA DESEMPREGADOS  (PLAN AFD), DA XUNTA DE GALICIA.

B A S E S

PRIMEIRA .-  Obxecto da Convocatoria.
É obxecto desta convocatoria o concurso para a confección dunha listaxe para a contratación laboral temporal por obra ou servizo determinado,  dos expertos docentes necesarios para impartir a formación das unidades de competencia, que conforman os certificados de profesionalidade de:
-          Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas (ENAE0208)
-          Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSCS0108)
-          Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSCS0208) e
-          Actividades de xestión administrativa (ADGD0308)

A presente convocatoria, réxese polas seguintes disposicións:

-          Lei 7/2007, de 12 de abril do Estatuto básico do empregado público.
-          Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
-          Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, texto refundido das disposicións legais en materia de réxime local.
-          Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia.
-          Real Decreto: 896/1991, de 7 de xuño, regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de seleccións de funcionarios da administración local.
-          Lei 30/84, de 2 de agosto, medidas para a reforma da función pública.
-          Decreto 95/1991, regulamento de selección do persoal da administración da comunidade autónoma de Galicia de 20 de marzo de 1991, e supletoriamente o Real decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ó servizo da administración do estado.
-          Orden, de 6 de xuño de 2002, pola que se establecen as normas para a selección e nomeamento de persoal funcionario interino.
-          Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro, polo que se desenvolvo o artigo 15 do estatuto dos traballadores en materia de contratación.

-          Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede a la convocatoria pública para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas na comunidade autónoma de Galicia no exercicio 2012.
-          Real decreto 1379/2008, de 1 de agosto, do Ministerio de Traballo e Inmigración polo que se establece os certificados de profesionalidade de “atención sociosanitaria a persoas no domicilio”, e de “atención sociosanitaria a persoas en institucións sociais”, modificado polo R.D. 721/2011 de 20 de maio.
-          Real decreto 1967/2008, de 28 de novembro do Ministerio de Traballo e Inmigración polo que se establece o certificado de profesionalidade de “montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas”.
-          Real decreto 645/2011, de 9 de maio do Ministerio de Traballo e Inmigración polo que se establece o certificado de profesionalidade de “Actividades de xestión administrativa”.
-          Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro pola que se regulan os certificados de profesionalidade e Real Decreto 1675/2010, de 10 de decembro
-          Real decreto 1675/2010, do 10 de decembro polo que se modifica o RD 34/2008, de 18 de xaneiro polo que se regulan os certificados de profesionalidade e os reais decretos polos que se establecen certificados de profesionalidade ditados na súa aplicación.

SEGUNDA .-  Descrición dos postos.

Docentes necesarios para impartir a formación das unidades de competencia dos cursos do Plan AFD que a continuación se relacionan:

2.1.- MONTAXE E MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS SOLARES TÉRMICAS (ENAE0208):

-    2.1.1.- Unidade de Competencia 0601_2: Replantear instalacións solares térmicas (90 horas)

-    2.1.2.- Unidade de Competencia 0602_2: Montar captadores, equipos e circuítos hidráulicos de instalacións solares térmicas (120 horas)

-    2.1.3.- Unidade de Competencia 0603_2: Montar circuítos e equipos eléctricos de instalacións  solares térmicas (90 horas)

-    2.1.4.- Unidade de Competencia 0604_2: Poñer en servizo e operar instalacións solares térmicas (60 horas)

-    2.1.5.- Unidade de Competencia 0605_2: Manter instalacións solares térmicas (60 horas)

2.2.- ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO (SSCS0108):

-    2.2.1.- Unidade de Competencia 0249_2: Desenvolver intervencións de atención física domiciliaria dirixidas a persoas con necesidades de atención sociosanitaria (170 horas)

-    2.2.2.- Unidade de Competencia 0250_2: Desenvolver intervencións de atención psicosocial domiciliaria dirixidas a persoas con necesidades de atención sociosanitaria  (210 horas)

-    2.2.3.- Unidade de Competencia 0251_2: Desenvolver actividades relacionadas coa xestión e o funcionamento da unidade convivencial  (100 horas)

2.3.- ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS (SSCS0208):

-    2.3.1.- Unidade de Competencia 1016_2:  Preparar e apoiar as intervencións de atención ás persoas e ó seu entorno no ámbito institucional indicadas polo equipo interdisciplinar (100 horas)

-    2.3.2.- Unidade de Competencia 1017_2: Desenvolver intervencións de atención física dirixidas a persoas dependentes no ámbito institucional (70 horas)

-    2.3.3.- Unidade de Competencia 1018_2:  Desenvolver intervencións de atención sociosanitaria dirixidas a persoas dependentes no ámbito institucional (70 horas)

-    2.3.4.- Unidade de Competencia 1019_2:  Desenvolver intervencións de atención psicosocial dirixidas a persoas dependentes no ámbito institucional (130 horas)

2.4.- ACTIVIDADES DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA (ADGD0308):

-    2.4.1.- Unidade de Competencia 0976_2: Realizar as xestións administrativas do proceso comercial (160 horas)

-    2.4.2.- Unidade de Competencia 0979_2: Realizar las xestións administrativas de tesourería (90 horas)

-    2.4.3.- Unidade de Competencia 0980_2: Efectuar as actividades de apoio administrativo de recursos humanos (90 horas)

-    2.4.4.- Unidade de Competencia 0981_2: Realizar rexistros contables (120 horas)

-    2.4.5.- Unidade de Competencia 0973_1: Introducir datos e textos en terminais informáticos en condicións de seguridade, calidade e eficiencia (90 horas)

-    2.4.6.- Unidade de Competencia 0978_2: Xestionar o arquivo en soporte convencional e informático (60 horas)

-    2.4.7.- Unidade de Competencia 0233_2: Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación (190 horas)

TERCEIRA .-  Requisitos dos aspirantes.
Para ser admitidos no proceso selectivo, os aspirantes terán que reunir os seguintes requisitos:

3.1.- Nacionalidade: Ser español ou ter a nacionalidade dun país membro da Unión Europea, ou a de calquera daqueles estados ós que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos na que esta se definira no Tratado Constitutivo da Unión Europea.

3.2.- Capacidade legal: Ter capacidade para contratar a prestación do seu traballo, de acordo co previsto no artigo 7 do Estatuto dos Traballadores

3.3.- Capacidade profesional:

3.3.1.- MONTAXE E MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS SOLARES TÉRMICAS (ENAE0208): Requisitos esixidos para o docente no Real decreto 1967/2008, de 28 de novembro do Ministerio de Traballo e Inmigración polo que se establece o certificado de profesionalidade de “montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas”. (BOE 15/01/09)

-    Para a U.C.0601_2: Replantear instalacións solares térmicas: Estar en posesión dalgunha das titulacións que se relacionan, máis un ano de experiencia profesional no ámbito da Unidade de Competencia:
-    Licenciatura en Física; Enxeñería superior; Arquitectura; ou
-    Enxeñería técnica; ou Arquitectura técnica.

-    Para as U.C.0602_2: Montar captadores, equipos e circuítos hidráulicos de instalacións solares térmicas; e U.C.0603_2: Montar circuítos e equipos eléctricos de instalacións solares térmicas: Estar en posesión dalgunha das titulacións que a continuación se relacionan, máis un ano de experiencia profesional no ámbito da Unidade de Competencia. Serán así mesmo admitidos para estas U.C. os aspirantes que carecendo de calquera das titulacións relacionadas neste apartado, acrediten tres anos de experiencia profesional no ámbito das U.C.:
-    Licenciatura en Física; Enxeñería superior; Arquitectura;
-    Enxeñería técnica; Arquitectura técnica;
-    Técnico Superior en montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e produción de calor; Técnico Superior en desenvolvemento de proxectos de inst. Térmicas e de fluídos; Técnico Sup. en mantemento de instalacións térmicas e de fluídos; Técnico Sup. en realización de plans de obra, desenvolvemento de proxectos urbanísticos e de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos (só para UC0602-2); ou
-    Certificado de profesionalidade nivel 3 da familia profesional enerxía e auga (Solar Térmica)

-    Para as U.C.0604_2: Poñer en servizo e operar instalacións solares térmicas; e U.C.0605_2: Manter instalacións solares térmicas: Estar en posesión dalgunha das titulacións que a continuación se relacionan, máis un ano de experiencia profesional no ámbito da Unidade de Competencia. Serán así mesmo admitidos para estas U.C. os aspirantes que carecendo de calquera das titulacións relacionadas neste apartado, acrediten tres anos de experiencia profesional no ámbito da U.C.:
-    Enxeñería superior; Enxeñería técnica; 
-    Técnico Superior en montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e produción de calor; Técnico Sup. en desenvolvemento de proxectos de inst. Térmicas e de fluídos; Técnico Sup. en mantemento de instalacións térmicas e de fluídos; ou

3.3.2.- ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO (SSCS0108): Requisitos esixidos para o docente no Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto do Ministerio de Traballo e Inmigración polo que se establece o certificado de profesionalidade de “atención sociosanitaria a persoas no domicilio”. (BOE 09/09/08), modificado polo R.D. 721/2011 de 20 de maio (BOE 23/06/11)

-    Para a U.C.0249_2: Desenvolver intervencións de atención física domiciliaria dirixidas a persoas con necesidades de atención sociosanitaria: Estar en posesión dalgunha das titulacións que se relacionan, máis un ano de experiencia profesional no ámbito da Unidade de Competencia:
-    Licenciatura en Medicina e Cirurxía; Diplomatura en Enfermería;
-    Técnico Superior en Dietética; Técnico Superior en Integración Social; Técnico Sup. en Educación Infantil; ou
-    Certificado de profesionalidade de nivel 3 da familia profesional de Servizos Socioculturais e á Comunidade

-    Para a U.C.0250_2: Desenvolver intervencións de atención psicosocial domiciliaria dirixidas a persoas con necesidades de atención sociosanitaria: Estar en posesión dalgunha das titulacións que se relacionan, máis un ano de experiencia profesional no ámbito da Unidade de Competencia:
-    Licenciatura en: Medicina e Cirurxía; Pedagoxía; Psicoloxía; Socioloxía; ou Psicopedagoxía
-    Mestre (calquera especialidade); Diplomatura en: Traballo Social ou Educación Social;
-    Técnico Superior en: Integración Social; Animación sociocultural; Educación Infantil; interpretación da lingua de signos; ou

-    Para a U.C.0251_2: Desenvolver actividades relacionadas coa xestión e o funcionamento da unidade convivencial: Estar en posesión dalgunha das titulacións que se relacionan, máis un ano de experiencia profesional no ámbito da Unidade de Competencia. Serán así mesmo admitidos para estas U.C. os aspirantes que carecendo de calquera das titulacións relacionadas neste apartado, acrediten tres anos de experiencia profesional no ámbito da U.C.:
-    Técnico Superior en: Dietética, Restauración, Aloxamento; Integración Social ou Educación Infantil; ou
-    Certificados de profesionalidade de nivel 3 da familia profesional: Servizos Socioculturais e á Comunidade; ou Hostalería e Turismo (área Hostalería).

3.3.3.- ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS (SSCS0208): Requisitos esixidos para o docente no Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto do Ministerio de Traballo e Inmigración polo que se establece o certificado de profesionalidade de “atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”. (BOE 09/09/08), modificado polo R.D. 721/2011 de 20 de maio (BOE 23/06/11)

-    Para a U.C.1016_2: Preparar e apoiar as intervencións de atención ás persoas e ó seu entorno no ámbito institucional indicadas polo equipo interdisciplinar: Estar en posesión dalgunha das titulacións que se relacionan, máis un ano de experiencia profesional no ámbito da Unidade de Competencia. Serán así mesmo admitidos para estas U.C. os aspirantes que carecendo de calquera das titulacións relacionadas neste apartado, acrediten tres anos de experiencia profesional no ámbito da U.C.:
-    Licenciatura en: Medicina e Cirurxía; Psicoloxía; ou Psicopoedagoxía
-    Diplomatura en: Enfermería; Traballo Social ou Educación Social;
-    Técnico Superior en Integración Social; ou
-    Certificado de profesionalidade de nivel 3 da familia profesional de Servizos Socioculturais e á Comunidade (na área de asistencia social)

-    Para a U.C.1017_2: Desenvolver intervencións de atención física dirixidas a persoas dependentes no ámbito institucional: Estar en posesión dalgunha das titulacións que se relacionan, máis un ano de experiencia profesional no ámbito da Unidade de Competencia. Serán así mesmo admitidos para estas U.C. os aspirantes que carecendo de calquera das titulacións relacionadas neste apartado, acrediten tres anos de experiencia profesional no ámbito da U.C.:
-    Licenciatura en Medicina e Cirurxía; ou
-    Diplomatura en Enfermería.

-    Para a U.C.1018_2: Desenvolver intervencións de atención sociosanitaria dirixidas a persoas dependentes no ámbito institucional: Estar en posesión dalgunha das titulacións que se relacionan, máis un ano de experiencia profesional no ámbito da Unidade de Competencia. Serán así mesmo admitidos para estas U.C. os aspirantes que carecendo de calquera das titulacións relacionadas neste apartado, acrediten tres anos de experiencia profesional no ámbito da U.C.:

-    Para a U.C.1019_2: Desenvolver intervencións de atención psicosocial dirixidas a persoas dependentes no ámbito institucional: Estar en posesión dalgunha das titulacións que se relacionan, máis un ano de experiencia profesional no ámbito da Unidade de Competencia. Serán así mesmo admitidos para estas U.C. os aspirantes que carecendo de calquera das titulacións relacionadas neste apartado, acrediten tres anos de experiencia profesional no ámbito da U.C.:

3.3.4.- ACTIVIDADES DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA (ADGD0308): Requisitos esixidos para o docente no Real decreto 645/2011, do 9 de maio polo que se establece o certificado de profesionalidade de “Actividades de xestión administrativa” (BOE 08/06/11).

-    Para a U.C.0976_2: Realizar as xestións administrativas do proceso comercial: Estar en posesión dalgunha das titulacións que se relacionan, máis dous anos de experiencia profesional no ámbito da Unidade de Competencia. Serán así mesmo admitidos para esta U.C. os aspirantes que carecendo de calquera das titulacións relacionadas neste apartado, acrediten catro anos de experiencia profesional no ámbito da U.C.:
-    Licenciatura; enxeñería; arquitectura; título de grado correspondente ou equivalente; ou
-    Diplomatura; enxeñería técnica; arquitectura técnica; ou título de grado correspondente ou equivalente
-    Técnico Superior das familias profesionais de Administración e xestión, ou comercio e marketing.
-    Certificados de profesionalidade de nivel 3 da área profesional de Administración e Auditoría da familia profesional de Administración e xestión

-    Para as U.C.0979_2: Realizar las xestións administrativas de tesourería; e U.C.0980_2: Efectuar as actividades de apoio administrativo de recursos humanos, e U.C.0981_2: Realizar rexistros contables: Estar en posesión dalgunha das titulacións que se relacionan, máis dous anos de experiencia profesional no ámbito da Unidade de Competencia. Serán así mesmo admitidos para estas U.C. os aspirantes que carecendo de calquera das titulacións relacionadas neste apartado, acrediten catro anos de experiencia profesional no ámbito das U.C.:

-    Técnico Superior da familia profesional de Administración e xestión.

-    Para a U.C.0973_1: Introducir datos e textos en terminais informáticos en condicións de seguridade, calidade e eficiencia: Estar en posesión dalgunha das titulacións que se relacionan, máis un ano de experiencia profesional no ámbito da Unidade de Competencia. Serán así mesmo admitidos para esta U.C. os aspirantes que carecendo de calquera das titulacións relacionadas neste apartado, acrediten tres anos de experiencia profesional no ámbito da U.C.:

-    Técnico e Técnico Superior das familias profesionais de Administración e xestión, ou informática e comunicacións.
-    Certificados de profesionalidade nivel 2 e 3 da área Xestión da información e Comunicación da familia profesional de Administración e xestión
-    Certificados de profesionalidade nivel 3 da familia profesional Informática e comunicacións.

-    Para as U.C.0978_2: Xestionar o arquivo en soporte convencional e informático, e U.C.0233_2: Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación: Estar en posesión dalgunha das titulacións que se relacionan, máis dous anos de experiencia profesional no ámbito da Unidade de Competencia. Serán así mesmo admitidos para esta U.C. os aspirantes que carecendo de calquera das titulacións relacionadas neste apartado, acrediten catro anos de experiencia profesional no ámbito das U.C.:
-    Licenciatura; enxeñería; arquitectura; título de grado correspondente ou equivalentes; ou
-    Diplomatura; enxeñería técnica; arquitectura técnica; ou título de grado correspondente ou equivalentes, ou
-    Técnico Superior das familias profesionais de Administración e xestión, ou informática e comunicacións.
-    Certificados de profesionalidade nivel 3 das familias profesionais de Administración e xestión e Informática e comunicacións.

3.4.- Competencia docente: Deberán estar en posesión do certificado de profesionalidade de Formador Ocupacional ou formación equivalente en metodoloxía didáctica de formación profesional para adultos.
Deste requisito estarán exentos:
-    Quen estea en posesión das titulacións de licenciado en Pedagoxía,  Psicopedagoxía, ou Mestre en todas as súas especialidades, ou título de graduado en Psicoloxía, ou Pedagoxía, ou postgrado de especialización en Psicopedagoxía
-    Quen posúa unha titulación universitaria oficial distintas das indicadas no punto anterior e ademais o título de Especialización didáctica expedido polo Ministerio de Educación e Ciencia ou equivalente
-    Quen acredite unha experiencia docente contrastada de alomenos 600 horas nos últimos sete anos en formación profesional para o emprego ou no sistema educativo

3.5.- Capacidade funcional: Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións

3.6.- Habilitación: Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. E non estar incurso nos supostos de incompatibilidades previstas na lexislación vixente

Todos os requisitos anteriores deberanse  cumprir con referencia ó último día de presentar as solicitudes.

CUARTA .-  Solicitudes.
As instancias (segundo o modelo publicado) presentaranse no Rexistro Xeral deste concello no prazo de dez días naturais a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria nun periódico, no taboleiro de anuncios do Concello e na súa páxina web, previo pagamento de 50  (cincuenta) euros, segundo o establecido na ordenanza fiscal número 6. Contarán cunha redución do 50% os aspirantes que figuren como demandantes de emprego durante alomenos seis meses antes á data desta convocatoria.

As instancias poderanse remitir así mesmo na forma determinada no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro.

O ingreso poderase realizar na Tesourería Municipal, ou ben, por xiro postal ou telegráfico, neste caso xuntarase coa solicitude o xustificante do seu pagamento.

Á solicitude achegaranse os documentos que acrediten os requisitos dos aspirantes (base 3) e os méritos alegados.
Rematado o prazo de presentación de solicitudes ditarase resolución pola que se aprobará a lista provisional de presentados que será publicada no taboleiro de anuncios deste Concello e na súa páxina web, concedendo o prazo de dous días para reclamacións. Se non hai reclamacións, a anterior lista  será considerada definitiva.

QUINTA .- Solicitudes.
Os/as interesados/as en tomar parte neste proceso selectivo terán que facelo constar en instancia, segundo o modelo oficial que será facilitado nas dependencias municipais  ou na web municipal e o resgardo acreditativo do pagamento de taxas para participar no proceso selectivo. Achegarase  a seguinte documentación orixinal ou debidamente compulsada:
-          Fotocopia do DNI ou acreditación do requisito da nacionalidade (base 3.1).
-          Fotocopia das titulacións académicas. (base 3.3 )
-          Acreditación da competencia docente (base 3.4)
-          Acreditación da experiencia profesional. (bases 6.3)
-          Acreditación da experiencia docente (base 6.4)

SEXTA .- Comezo e desenvolvemento do concurso.
O proceso selectivo consistirá nunha valoración dos méritos achegados, de acordo co baremo establecido a continuación. A puntuación final do proceso estará determinada pola suma total das puntuacións obtidas no concurso.

No caso de que o Departamento Territorial da Consellería de Traballo e Benestar non autorizase como docente ó candidato seleccionado, este non poderá ser contratado. Neste caso, proporase como candidato o que obtivese a maior puntuación despois do primeiro candidato proposto e así sucesivamente.

Os méritos a valorar e a súa puntuación, será a seguinte:

6.1.- Titulación académica: (ata un máximo de 1 puntos)
Por cada titulación esixida polo certificado de profesionalidade (base 3.3).0,5 puntos.

6.2.- Formación recibida: (ata un máximo de 2 puntos)
Cursos de formación e perfeccionamento sobre as materias directamente relacionadas coas funcións propias do posto ó que opta, e impartidos por Administracións Públicas e organismos dependentes das mesmas, así como organizacións sindicais e empresariais, valoraranse da seguinte forma: Por  cada hora de formación recibida 0´001 puntos ata un máximo de 1 punto.

Para xustificar os cursos realizados, deberán presentar títulos orixinais ou fotocopias compulsadas que reflictan a entidade que o imparte, o número de horas, e o contido.

6.3.- Experiencia Profesional: (ata un máximo de 3 puntos).
-    Por cada  mes de traballo na especialidade, a partir do mínimo esixido (base 3.3): 0´10 puntos por mes, ata un máximo de 3 puntos.

Para xustificar a experiencia laboral, deberán presentar o certificado de vida laboral xunto coa documentación acreditativa que especifique o posto de traballo ou funcións desenvolvidas (nóminas, contratos, certificación da empresa, etc). No caso de traballo por conta propia, ademais do certificado de vida laboral, contrato de servizos, alta no IAE, etc.

6.4.- Experiencia Docente: (ata un máximo de 4 puntos).
-    Por cada hora de formación impartida da mesma especialidade á que concursa: 0´001 puntos, ata un máximo de 5 puntos.

-    Por cada hora de formación impartida doutras especialidades da mesma familia profesional ou relacionadas directamente coa ocupación: 0´0005 puntos, ata un máximo de 4 puntos.

Para xustificar os cursos impartidos deberán presentar, certificado de vida laboral xunto coa documentación que acredite a formación impartida: denominación do curso, módulo ou unidade de competencia, así como as horas e as datas.

Non se avaliará neste apartado o tempo de docencia que fose acreditado para suplir a carencia da formación metodolóxica que se precisa como obrigatoria. (base 3.4)

SÉTIMA: Tribunal Cualificador.
Terá a seguinte composición:
-    Presidente: dona Ana Mª Portela Torrón ou na súa substitución Fernando Manuel Garrido Negreira.
-    Secretaria: dona María Luísa de la Red Ampudia ou na súa substitución, dona María Irache Enríquez Albaina.
-    Vocais: don Emilio Martínez Cubero, ou na súa substitución dona Ana María Monje Barcia.
-    dona Sonia Machín Herranz, ou na súa substitución dona Isabel Barbeito Montero.
-    dona Angeles Roca López ou na súa substitución dona Oscar Souto Muíño.

Os membros do Tribunal están suxeitos ó disposto no artigo 28 da Lei 30/1992, de Réxime xurídico das administracións públicas de do procedementos administrativo común, e ós dereitos por indemnización por asistencia,  do artigo 29 e seguintes do Real Decreto 462/2002.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros titulares ou suplentes.

OITAVA.- Listaxe, presentación de documentos e contratación.
Unha vez rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará no taboleiro de anuncios do Concello e na súa páxina web a relación por orde de puntuación dos concursantes na que se especificará a puntuación obtida por cada un deles.

No caso de producirse un empate de puntuación entre os aspirantes, resolverase por este orde de prioridade:
         1.- Ter maior experiencia como docente na especialidade á que opta.
         2.- Ter maior experiencia profesional na ocupación.
         3.- Ter realizada máis formación relacionada directamente coa ocupación.

Os aspirantes chamados para realizar a contratación deberán presentar os documentos acreditativos dos requisitos esixidos na bases 3.5 e 3.6 no prazo de dous días

Se dentro do prazo sinalado, e salvo casos de forza maior, non presentase a documentación ou non cumpra os requisitos esixidos, non poderá ser contratado/a, quedando anuladas todas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que puidera incorrer por falsidade na súa solicitude para participar no proceso selectivo.

En caso de que o/a aspirante chamado/a rexeite o posto de traballo, o aspirante seguinte por orde de puntuación, poderá ocupar dita praza e así sucesivamente.

No caso de que o Departamento Territorial da Consellería de Traballo e Benestar non autorizase como docente ó candidato chamado, este non poderá ser contratado. Neste caso, proporase como candidato ao que obtivese a maior puntuación despois do primeiro candidato proposto e así sucesivamente.

Cumpridos os anteriores requisitos, procederase á contratación laboral temporal dos aspirantes  chamados, na data prevista para o comezo do curso de Formación Ocupacional.

NOVENA: Lista de reserva.
A lista coa totalidade dos presentados e a puntuación acadada quedará para poderen ser utilizada  como reserva  (sempre respectando a orde da lista) para a contratación de docente en situacións de renuncia voluntaria, procesos de incapacidade temporal, maternidade ou calquera outra circunstancia.

Esta lista poderá ser utilizada  ata a confección dunha nova listaxe coa mesma finalidade
                                                                               
Cando un dos aspirantes incluídos na lista fose chamado para ocupar un posto, ó rematar o período de contratación recuperará o seu lugar inicial na mesma, de xeito que pode ser chamado para unha nova contratación.

DÉCIMA:- Incidencias.
O Tribunal Cualificador queda facultado para resolver as dúbidas que se presenten e tomar os acordos necesarios para a bo desenvolvemento do Concurso en todo o non previsto nestas bases.

DECIMO PRIMEIRA: Os interesados poderán impugnar a presente convocatoria e as bases, así como todos os actos administrativos que se derivan dela nos casos e na forma establecida na lei de procedemento administrativo.

Cambre, 9 de maio de 2012
O concelleiro delegado da área de Réxime Interior, Patrimonio e Contratación

Felipe Andreu Barallobre

 CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL PARA A IMPARTICIÓN DE CURSOS DE FORMACIÓN OCUPACIONAL PARA DESEMPREGADOS  (PLAN AFD), DA XUNTA DE GALICIA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario