viernes, 26 de julio de 2013

NOITE DE XOGOS NA CASA DA XUVENTUDE DE CAMBRE



Vinte rapaces participaron dos xogos e outras actividades organizadas pola OMIX
adrián boo | cambre 25.07.2013 | 01:47
 

Os rapaces xogan cun paracaídas durante a actividade. / la opinión
A Casa da Xuventude de Cambre acolleu o pasado venres unha actividade pola que rapaces de entre nove e catorce anos durmiron no seu piso superior compartindo unha noite de xogos e actividades. A iniciativa enmárcase no programa Por fin es viernes que organiza a OMIX do concello. Esta funciona coas propostas dos usuarios. Un deles apostou por unha xornada de xogos culminada cunha noite común na Casa das Palmeras.
Así o venres vinte rapaces e rapazas xuntáronse para levar a cabo o devandito plan. Pola mañá, tiveron unha sesión de xogos deportivos na que contaron cun paracaidas que fixo as delicias dos cativos. Xa pola tarde a festa continuo cunha xincana pola zona de O Temple. Nela coñeceron sitios de interese como a biblioteca e o local sociocultural. Máis tarde gozaron dun tempo de lecer na piscina municipal.
Xa pola noite e tras voltar a Casa da Xunventude comezou o momento máis desexado para os rapaces. O último andar da Casa converteuse nun dormitorio improvisado para os vinte asistentes. Pero a xornada non rematou aí, senón que comezou una "velada nocturna" chea de xogos e actividades nas que os rapaces implicáronse moito. Tras un sono reparador, os cativos voltaron as actividades na maña do sábado trece. Aínda lles esperaba unha ruta a Cambre pola senda natural do río mero.
Unha vez na alí, recorreron os puntos de interese da localidade facendo parada na Igrexa románica de Santa María de Cambre, no museo e na propia OMIX, segúndo explican desde Xuvetude.
Dende a organización califican esta actividade como moi positiva para os rapaces participantes e non descartan que poida repetirse en vindeiras ocasións pola boa recepción dos asistentes.




No hay comentarios:

Publicar un comentario