miércoles, 15 de mayo de 2013

«TI FAS CAMBRE» RESULTA PREMIADA COMO A MELLOR CAMPAÑA NA REDE EN GALEGO 2012



«Este é un premio de todos os cambreses e de todo o equipo de Promoción Económica», di a edila Marta Vázquez
Cambre  14 de mayo de 2013 16:05

«Ti fas Cambre» vén de ser premiada como a mellor campaña online en galego do 2012. Concello e Reclam, a empresa que desenvolveu o proxecto, recolleron onte o seu galardón en Santiago. Trátase dunha iniciativa que xurdiu dende a Concellería de Promoción Económica, dirixida pola edila Marta Vázquez, e posta en marcha en xuño do ano pasado. O seu obxectivo é a dinamización do comercio local, empregando para iso as novas tecnoloxías. O consello asesor da RTVE en Galicia e da RTVG, sobre os que recaía as eleccións dos premios, valoraron de «Ti fas Cambre» o uso do galego, a innovación da campaña e a orixinalidade e claridade na mensaxe. «Este é un premio para todos os cambreses e todo o equipo de Promoción Económica», dixo a concelleira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario