miércoles, 5 de diciembre de 2012

VIAXE Á NEVE 2012



Estación de Esquí de ASTÚN (Pirineos)
26 ao 31 de decembro de 2012

MAIS INFORMACIÓN: www.cambre.org,
na OMIX e na Casa da Xuventude
INSCRICIÓNS: 10 ao 14 de decembro




Folla informativa
VIAXE Á NEVE 2012

DATAS DE INSCRICIÓN: dende o luns 10/12/2012 ao venres 14/12/2012, ás 14 horas.

DATAS DA ACTIVIDADE: 26 ao 31 de decembro de 2012

LUGAR: Estación de Astún (Pirineo aragonés)

DESTINATARIOS: 50 mozos-as de 14 a 30 anos (hai que ter a idade cumprida antes do comezo da actividade, durante o periodo de inscrición).

TELÉFONO DURANTE A ACTIVIDADE: 609.510.331

PROGRAMA:
mércores 26: viaxe e instalarse en Jaca
xoves 27 a domingo 30: clases de esquí/snow (2 h./día) e esq libre (ata as 16,30 h.)
domingo 30: regreso despois do xantar luns 31: chegada a Cambre

PROTOCOLOS DE INSCRICIÓN: Se o número de solicitudes supera o mero de prazas ofertadas  farase  un  sorteo  o  luns  17,  ás  10  horas.  Neste  sorteo  terán  prioridade  os solicitantes empadroados que nunca participaron nesta actividade. Os participantes non empadroados non entran en sorteo, e deberán esperar a que haxa prazas libres para poder  formalizar  a inscrición  definitiva.  Asimesmo  terán praza directa  os usuarios que formalizaron a inscrición e obtiveron praza na anterior convocatoria da viaxe á neve (marzo 2012), xa que ista foi anulada por non acadarse o mínimo de participantes.

Os menores de idade (14 a 17 anos) deberán xuntar un grupo mínimo de 10 persoas. A efectos de reparto o número estimado de prazas máximas será aprox. dunhas 15 para menores e 35 para maiores de idade ou proporcional á demanda.

INSCRICIÓN DEFINITIVA: a partir do luns 17, ás 12 horas, pódese pasar pola OMIX (981.613.170) ou a Casa da Xuventude (981.650.269) para formalizar a inscrición.

NON  SE  CHAMARÁ  A  NINGUÉN.  A  xente  deberá  consultar  se  ten  praza.  O  pago efectuarase (e acreditarase coa entrega do xustificante na OMIX ou Casa da Xuventude) ata o mércores 19 ás 14 horas. Senón se acredita dito pago causará baixa na lista e perderá a praza.

As persoas que non entraron no primeiro sorteo deberán chamar ou acudir á OMIX ou á Casa da Xuventude o mércores 19, a partir das 19 horas. E  se obteñen praza teñen o xoves 20, ata as 20 horas, para efectuar e acreditar o pagamento. E así sucesivamente (chamar un día, confirmar se ten praza e ó día seguinte para efectuar o pagamento)

Considerase que unha persoa ten a inscrición formalizada cando entregou a seguinte documentación:
-     folla de pago
-     folla de datos socio-sanitarios
sen esta documentación completa o/a participante non será admitido e pode causar baixa na listaxe







AVISO:  XUNTANZA  INFORMATIVA o  xoves 20  de  decembro,  ás 20  horas,  na  Casa da
Xuventude do Concello de Cambre, situada na Casa das Palmeiras, no Temple




EMPADROADO
NON EMPADROADO
Xeral
257,54 euros
321,93 euros
Familia numerosa

128,77 euros
---------
Pertenza a AAXX de Cambre
193,16 euros
Tarxetom (carné da omix)
---------
Parado
180,28 euros
---------
Voluntariado de Cambre
180,28 euros
244,67 euros
Carné Xove
193,15 euros
257,54 euros

 
PREZO












O PREZO INCLÚE: aloxamento en hotel** en habitacións múltiples, viaxe (autocar), traslado diario á estación de esquí, manutención (almorzos, xantar en pista e ceas), forfait para 4 días, aluguer de material** de esquí (botas, bastóns, boas), casco para menores de idade, clases de esquí ou snow (8 horas) de iniciación, seguro de accidentes e
monitorado
** o aluguer de material de snow te un suplemento de 25,00 euros.




NORMAS PARA PARTICIPANTES NAS ACTIVIDADES XUVENÍS

1.  Atender  e  respectar  as  indicacións  dos  responsables  da  actividade  (persoal municipal, organización, monitores). Aceptar os consellos, instrucións e advertencias do persoal técnico da actividade.
2.  Respectar ós outros participantes e ó entorno
3.  Lembra que vas nunha actividade organizada. Hai normas e responsables. Ademais, como parte da actividade, podería tocarche traballar nas tarefas de servizo ó grupo e de apoio á organización. Colabora sempre que poidas ou cho pidan, para o mellor desenvolvemento da actividade
4.  Ten un comportamento axeitado. Pertences a un grupo e o teu comportamento dá unha imaxe do grupo que pode representarnos.
5.  Non espermitido o consumo de drogas durante a actividade.
6.  Nos desprazamentos para a actividade, no medio de transporte (bus, avión, barco, tren) debes acatar as normas de xime interno que se estipulen.
7.  Adecuar a vestimenta e a equipación individual á actividade na que vas participar
8. Manter un comportamento axeitado que non perturbe os dereitos do resto de participantes, nin cause danos a bens alleos.
9.  Respecto escrupuloso polas normas de xime interno do aloxamento.
10. A participación no programa supón a aceptación das presentes normas. O non cumprimento das mesmas podería dar lugar a (auto)expulsión da actividade e/ou a limitación á participación en futuras actividades do departamento de Xuve

No hay comentarios:

Publicar un comentario