Ramón Boga: ´A
Coruña sempre deu un pouco as costas ao Camiño Inglés´
"A
miña ilusión é excavar o castro, a cen metros do museo. Iso si sería importante
para Cambre"
|
|
|
|
|
|
O director do museo, xunto aos restos de
baños romanos. / víctor echave
A zona da igrexa e os
restos romanos, "un espazo mítico", e o castro son a clave para
potenciar o turismo cultural en Cambre, afirma o director do Museo Romano,
Ramón Boga. Hoteles nos que pasar a noite e zonas de recreo no río
completarían, ao seu entender, a oferta
CAMBRE -02 de diciembre 2012.- Na
actualidade, o museo exhibe fotos antigas de Cambre.
-Iso foi unha estratexia para impulsar o museo, ademáis das Xornadas
Castrexas e as exposicións temporais, a recuperación da memoria. Empecei hai
anos a compilar fotos, busquei a maneira científica de catalogalas e agora hai
14.000 arquivadas.
-Tamén se reúnen nun libro.
-Para darlles valor, fixemos as exposicións e o libro, levamos cinco. Na
inauguración da exposición houbo máis de 200 persoas. Todo isto non se podería
facer sen a vontade resolutiva das autoridades municipais.
-Cal é a súa peza favorita do museo?
-A que amosa a pegada dunha sandalia romana no barro. Emociona porque ves
que houbo unha persoa, seguramente unha nena, que pisou cando o barro estaba
aínda mollado, facendo a gamberrada.
-Ao mellor non se deu conta.
-Seguro que si. A xente é igual hai 2.000 anos que agora nese sentido, e un
neno é un neno. Eran sandalias de madeira e debaixo poñíanlles como chinchetas,
e quedaron aí postiñas. Iso é impresionante.
-Vaise excavar máis?
-Non está previsto.
-E non lle gustaría?
-Home, claro. Pero o fundamental da vila romana está destruído e o que
queda agora vai cara a igrexa; o que habería está debaixo.
-De cando data a igrexa?
-Do século XII. Fumos construíndo uns enriba dos outros. O que é a miña
ilusión é excavar o castro, que está aquí a cen metros do xacemento. Eso si
sería importante para Cambre. Pero non hai cartos e tiña que ser propiedade
municipal.
-E non é?
-Hai unha parte que si, uns 4.000 metros cadrados, pero iso non é nin un
tercio do castro. En Galicia hai arredor de 6.000 castros e excavados, 40.
-O museo ten moitas visitas?
-Si. Polo das fotografías están vindo 20 ou 30 persoas diarias.
-E polos restos romanos?
-Tamén. Este verán houbo máis de vinte persoas diarias de media. Houbo
veráns en que caeu o turismo polo Prestige e despois pola crise, pero este ano
recuperouse. O museo está colocado nun lugar estratéxico. Aquí o recurso
fundamental é a igrexa.
-Como se poderían aproveitar a igrexa e o museo para darlle vida a Cambre?
-É que todo son sinerxias. Se houbera uns hoteliños? - o río, o outro
recurso máis importante, o paseo fluvial, debería ter unhas zonas de descanso e
algún merendeiro. Pero iso xa non depende do Concello.
-E o Camiño Inglés?
-Onde hai un albergue, hai dous ou tres bares. Pero hai que mirar que sexa
rentable. O Camiño Inglés é máis cousa da Coruña. - A Coruña sempre lle deu un
pouco as costas ao Camiño Inglés.
-A xente de Cambre é consciente do que ten aquí?
-Nas Xornadas Castrexas, a visión do castro tanto da xente corrente como
dos políticos cambiou bastante desde que hai isto. Aquí hai xente nova con
cultura media alta que aprecia estas cousas. Aínda que hai de todo: sempre hai
o que che di que son catro pedras.
Fuente: www.laopinioncoruna.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario