jueves, 20 de septiembre de 2012

“UNHA NOVA ETAPA”



«A xente maior necesita ter un agarimo»
A entidade retomará o sábado o tradicional baile cunha churrascada gratuíta
Cambre / la voz  20 de septiembre de 2012 05:02
                             Pepa Pérez é a nova presidenta dos maiores da Barcala. GUSTAVO RIVAS
Superada a polémica que o ano pasado xerou un profundo malestar entre os socios da Asociación da Terceira Idade da Barcala, a súa nova presidenta, Pepa Pérez, ultima xa os detalles para relanzar este sábado, a partir das catro e media da tarde, unha das actividades que máis éxito teñen entre os maiores. O esperado baile da terceira idade volverá a celebrarse no local da rúa Río Barcés 7. Haberá, ademais, algunha que outra sorpresa.
-O ano pasado suspendérase o baile. ¿Que pasou?
-Houbo divisións e problemas na anterior directiva e, incluso, chegárase a pechar o local. Esas diferenzas facían que non funcionase ben a asociación. Pero tras unha asemblea extraordinaria elixiuse unha nova directiva que agora está traballando para reforzar todas as actividades, en especial o baile.
-¿Por que gusta tanto?
-É unha forma de socializarse, de que os maiores teñan unha ocupación, unha ilusión... e ademais contribúe a que aumente a súa autoestima. Nós intentaremos potenciar iso, porque o día de mañá todos seremos vellos e é máis fácil chegar aló cun sorriso. A xente maior necesita un agarimo, un sorriso, e a nova directiva tratará de escoitar as súas demandas.
-¿Haberá que pagar por entrar ao baile?
-Si, coma sempre: 2 euros. De todas maneiras, este sábado se poderá comprar a entrada para o seguinte baile do día 29 e así poder participar na churrascada gratuíta que temos organizada a partir das oito da tarde. Este sábado tocará o dúo Víctor e o 29 actuará un grupo de Betanzos.
-¿Canta xente esperan recibir?
-¡Canta máis mellor! Queremos encher o local, pero puxemos un cota máxima de cento trinta persoas para evitar problemas de espazo. Os bailes están dirixidos a todos os maiores de 50 anos.
-¿E onde se poden mercar as entradas?
-No local da terceira idade, o mesmo sábado. Temos unhas instalacións, cedidas polo Concello de Cambre, que son un luxo. E lle agradecemos moito esa axuda. Tamén estamos moi agradecidos ao comerciantes da Barcala, porque nos botan unha man con todo o que necesitamos: a cartelería, promocións, regalos...
Pepa Pérez VÁzquez presidenta da asociación da terceira idade da barcala (Cambre)

No hay comentarios:

Publicar un comentario